Opinión

Liberia

[Xoán Costa]

En 1822 nos USA pensaban en como se librar dos libertos negros, acreditando ser imposíbel a convivencia con eles en igualdade de dereitos. Unha empresa ideou a fórmula: comprar terra en África para establecer unha colonia de negros libertos. A empresa- de siglas ACS- trasladou unhas 15000 persoas e denominou aquel territorio Liberia. Algo similar fixo Inglaterra en Serra Leoa, a cuxa capital chamou Freetown.

As formas de ocultar o pasado negro e escravista foron variando. No Brasil agromou a teoría do branqueamento, segundo a cal, dada a superioridade da raza branca e o amalgama existente, os descendentes de negros ficarían progresivamente máis brancos.

Pasaron os anos e os censos de poboación desmenten a validez da teoría, no Brasil e nos USA. Agora, a UE pretende estender a solución "Liberia" a todo o continente africano financiando centros de internamento de inmigrantes – controlados por empresas privadas - en países de escasa conciencia democrática. Aos ollos da UE as persoas negras de orixe africana son libertos que non merecen habitar entre nós.

Comentarios