Opinión

Ir facendo

[María Obelleiro] 

Improvisación, desidia, desleixo... a actuación do Goberno encabezado por Alberto Núñez Feixoo na crise sanitaria provocada polo coronavirus merecería, de maneira obxectiva, un suspenso. En lugar de lamentar e criticar as políticas do Goberno estatal e de ocupar minutos nos informativos dos medios de comunicación públicos como se estivese en campaña, debería facer uso das competencias que posúe como presidente da Xunta e actuar para favorecer os intereses das galegas e galegos. Resulta intolerábel o seu papel no que atinxe ás residencias de maiores, cuxas deficiencias coñecía, cando menos desde 2017, dadas as advertencias do Consello de Contas. Tamén o é a súa indiferenza a respecto das denuncias sobre a falta de material de protección contra o coronavirus para persoal sanitario. Mención á parte merece o desinterese no que ten a ver co ensino: mantén no abandono a comunidade educativa e teima en seguir ocultando que as oposicións docentes van ter que adiarse até o ano que vén. Fan falta menos cálculos electoralistas e máis xestión

Comentarios