Opinión

Investigar aquí

[Xoán Costa] 

Mentres o discurso oficial insiste no apoio á formación e á investigación, a realidade vai por outro camiño. O gasto en I+D na Galiza é dos máis baixos do estado e, en todo caso, está por baixo das cifras de hai dez anos.

Non basta con lanzar discursos que afirman que investir en investigación é apostar polo desenvolvemento social; nen crear ministerios ou consellarías que leven a etiqueta de ciencia, de tecnoloxía ou de educación. É preciso acompañar esas proclamas con medidas efectivas que eviten a fuxida de talento; é necesario dotar economicamente o sistema para evitar a precarización e tamén é necesario divulgar e dar a coñecer os resultados obtidos. Un goberno que non aposta polo mantemento do talento do país no propio territorio é un goberno que fica desacreditado á hora de aplicar outras políticas, sexan sociais ou económicas, pois despreza algo fundamental que aporta a investigación: o mellor coñecemento de nós mesmas e a posibilidade de mellorarmos as nosas condicións de vida

Comentarios