Opinión

Indefensos

[Xesús M. Piñeiro]

Sen un sistema de sanidade pública, unha pandemia como a que padecemos desde hai xa máis dun ano tería unhas consecuencias moito máis dramáticas, dantescas. Isto é algo que non poñen en dúbida, polo menos publicamente, nin os máis arduos defensores dun Estado mínimo e privatizado.

Porén, a pandemia si que fixo renxer ese sistema público de sanidade, pondo de relevo as eivas e como estes anos de privatizacións, precarización e recortes na sanidade pública nos deixan a todos e todas máis indefensas.

As listaxes de agarda non paran de medrar na Atención Primaria, con tempos de espera que, en boa parte dos centros de saúde, sobre todo das vilas peor dotadas, superan os sete días para unha consulta telefónica ou para conseguir unha receita. As limitacións á atención presencial e a falla de persoal sanitario agravan a situación. O Executivo galego insiste en darlle continuidade a este modelo máis alá da pandemia.

Contra esa política saíron na noite de onte miles de galegos e galegas en cidades e vilas galegas convocados por SOS Sanidade Pública, para dicir que se se negan a ficar indefensos.

Comentarios