Opinión

Indecencias

[María Obelleiro]

Concellos do rural galego maniféstanse hoxe diante da sede de Abanca na Coruña contra o fechamento de sucursais. Unhas protestas que están a xurdir en todos os municipios afectados, que denuncian a exclusión bancaria. Cal é a receita do Goberno galego -formado por quen non fixo nada para evitar a privatización e venda das caixas de aforros- contra a clausura de oficinas? Inxectar máis diñeiro público ás entidades bancarias mediante subvencións para instalar caixeiros automáticos e axentes financeiros. Isto supón que os responsábeis de deixar milleiros de persoas sen servizos bancarios van recibir (aínda máis) fondos de todas e todos. E non esquezamos as manobras das entidades financeiras restrinxindo o horario de atención presencial nas oficinas para favorecer a banca electrónica -malia a fenda dixital que sofre a Galiza- e prescindir de traballadoras e traballadores. A marxinación financeira afecta hoxe máis do 8% da poboación galega, con especial incidencia nas comarcas do interior.

Comentarios