domingo 28/02/21

Imaxes que doen

[María Obelleiro]

Nas facultades de Ciencias da Comunicación aprendemos moito, mais non nos prepararon para unha pandemia. Ningunha persoa, con independencia da profesión á que se dedique, estaba educada para o que nos está a vir enriba. Como mostra das múltiples decisións que adoptamos cada día, citamos o caso dunhas imaxes que poden ferir a sensibilidade das persoas lectoras e que se corresponden coas úlceras dunha persoa residente no centro de maiores DomusVi de Monforte de Lemos. 

Nun primeiro momento, optamos por non publicalas, ao igual que acontecera noutras ocasións, mais, ante a insistencia do colectivo que engloba as familias de persoas usuarias de residencias de maiores, decidimos ilustrar a crueza e o terror dunha realidade que a crise da Covid-19 contribuíu a destapar co único obxectivo de dala a coñecer. Pedimos desde aquí as desculpas a quen poida sentirse danada ou danado por unhas imaxes, que como reza o título elixido, doen.

comentarios