Opinión

Igualdade

[María Obelleiro]

A Escola de Igualdade María Vinyals, impulsada pola Deputación de Pontevedra e con sede no Castelo de Soutomaior, reuniu onte representantes municipais -entre elas a alcaldesa de Tomiño e a de Meis- e do Goberno vasco, navarro e asturiano para pór sobre a mesa a importancia das políticas públicas de igualdade. Tras expoñeren as súas experiencias á fronte das áreas e institutos da muller que xestionan, ficou máis en evidencia o gran parón que sufriu a igualdade coa chegada de Feixoo á Xunta da Galiza. Euskadi conta desde hai anos coa Basqueskola para concelleiras e rexedoras e co Berdinbidean, un programa de asesoramento para municipios pequenos. Nafarroa é pioneira en corresponsabilidade e en pór ao mesmo nivel o traballo produtivo e o reprodutivo. Asturias ten en vigor o plan 2020-2023 dotado de 13 millóns e subscribe interesantes convenios co colexio de avogacía e medios de comunicación contra a violencia machista. A Galiza tamén estivo á vangarda entre 2005 e 2009. Agora teñen que ser outras institucións quen fagan os deberes que o Goberno galego desbota facer.

Comentarios