Opinión

Gobernar polos cadernos Rubio

[Xoán Costa]

Os cadernos Rubio, “método universal de reforzo pedagóxico”, tiveron grande implantación na Galiza desde 1960, coas matemáticas como tema máis tratado. Os problemas matemáticos, do tipo “un agricultor precisa sementar trinta fanegas de cereal. Cantas fanegas de semente precisa se para cada fanega de superficie precisa tres de semente?” estaban afastados da realidade inmediata pois na Galiza somos máis de ferrados do que de fanegas.

Esta parece ser a filosofía do presidente Feixoo cando pon o problema das reunións no Nadal e se pregunta: Que é mellor, unha reunión de tres familias de dous membros, que suman seis persoas, ou  dúas familias de seis, que suman doce e levo unha pois non conto as crianzas? Ignoro que é mellor, mais é evidente que ao se facer a pergunta o presidente pensa en fanegas e non en ferrados pois, segundo o IGE, en 2018 o 1,55% dos fogares galegos teñen seis ou máis persoas; o 3,92% cinco persoas; o 16,51% catro, o 22, 86% tres persoas; o 32,39 % dúas e o 22,78% só unha persoa.

Comentarios