Opinión

Galiza, sistema de malestar

[Xesús M. Piñeiro]

O sistema galego de benestar é, cada vez máis, o sistema galego de malestar. Malestar dos usuarios, malestar dos profesionais e malestar social cun modelo que padece unha década de recortes que sitúan Galiza á cola do Estado en canto ao seu sistema público de servizos sociais. 

En todos os parámetros, os datos arroiban a xestión do Goberno galego durante esta década: porcentaxe de gasto social por baixo da media no Estado, 12.000 prazas de residencias menos que as recomendadas pola OMS, ratio de profesionais moi por baixo da media estatal, menor porcentaxe de beneficiarios de rendas de inserción... 

Unha situación que deriva de causas estruturais –atraso histórico do modelo de benestar na Galiza a respecto xa non só dos países do centro europeo senón de moitos territorios do Estado– e conxunturais –as políticas do Goberno galego da última década–.

A pandemia evidenciou que un sistema de benestar forte non é que sexa necesario senón imprescindíbel. Semella que todo o mundo concluíu isto na Galiza.

Todos, agás o Goberno galego.

Comentarios