Opinión

Galiza rica, Galiza pobre

[Xesús M. Piñeiro] 

Oleiros, máis un ano, é o concello da Galiza coa renda media máis alta, 43.800 euros anuais por veciño. Unha cifra sensibelmente superior á media galega (25.000 euros) e que triplica a do municipio galego coa renda máis baixa, Toques. 

Certo é que a fotografía non é de todo real: en Oleiros residen algúns dos propietarios das maiores fortunas do país e un bo número de altos directivos de sociedades e empresas da área entre A Coruña e Compostela. Mais si que apunta a unha fenda interna na Galiza, entre a Galiza rica e a Galiza pobre. De feito, a renda total dos residentes na Coruña e Vigo supón o 23% do total da renda galega (e o 19,6% da poboación).

Un 36% dos habitantes da Galiza reside nos sete concellos máis poboados, o cal ten influencia sobre a repartición da renda municipal, non só pola relación entre o número de habitantes e a renda total dun municipio, senón porque tamén dá a idea da concentración das actividades produtivas, xeradoras de renda e emprego, que actúan como elemento de fixación de poboación.

Temos aquí un problema e deberiamos ter unha solución.

Comentarios