mércores 05/08/20

Fume

O que no seu día fora un soño mexicano está ca-miño de ser un pesadelo para Feixoo após o encarceramento do ex director xeral de Pemex, Emi-lio Lozoya, unha das persoas que negociaron o desembarco da petro-leira na Galiza. O presidente non gostou da pregunta formulada pola xornalista de Nós Diario na rolda de imprensa que seguiu o Consello da Xunta. "Todo vale en precampaña". Foi a frase coa que tratou de esqui-var a súa relación co detido. Insistiu entón  que  o  acordo  dos  floteis  fora co anterior presidente de Pemex e que a investigación de Lozoya ten a ver co Brasil, mais non. Entre as varias investigacións abertas contra o mexicano atópase "a adquisición dun estaleiro en España" e existen fotografías, comunicados da propia Xunta de Galiza e documentación que relacionan Feixoo co ex directi-vo de Pemex. Que queda dos millei-ros de postos de traballo que ía su-poñer para Galiza o acordo? Fume

comentarios