Opinión

Fronteiras

[Xoán Costa] 

España é un gran país, xunto con o virus non entende de fronteiras, foron as consignas máis repetidas desde a primeira comparecencia de Pedro Sánchez para dar conta das condicións do estado de alerta. Estaba a se referir á posibilidade de Cataluña limitar o acceso ao seu territorio da, na altura, xa abundante circulación de persoas contaxiadas. Con esta negativa a Cataluña dábase así mesmo pé para que millares de persoas abandonasen Madrid, sabendo tanto as autoridades do Estado como as madrileñas que, de confinar Madrid, o sistema sanitario da capital do Estado entraría en colapso. Mellor deixar que se espalle un pouco o virus asumindo o risco de que o colapso sexa xeral.

Agora chega o peche das fronteiras terrestres. O obxectivo: garantir a saúde pública, a actividade empresarial e preservar a cadea de abastecemento. A medida do peche de fronteiras, acertada ou non, afianza a idea de que a UE é só un mercado e nese mercado o Estado Español é totalmente dependente e non é capaz de garantir o abastecemento da poboación. E Feixoo, calado. Sen dúbida un gran país.

Comentarios