Opinión

Fin?

Cesar o fogo en Gaza. Israel detén os bombardeos na súa última ofensiva sobre a Franxa (232 mortos, 65 deles nenos) e a resistencia palestina detén o lanzamentos de mísiles (12 mortos, 2 deles menores). Os medios falan de horas de diálogo e traballo de mediadores exipcios e de EUA para chegar até este punto. O cesamento do fogo foi recibido con xúbilo nas rúas de Gaza, onde a noite acolleu celebracións multitudinarias nas que se vitoreaba a capacidade de resistir do pobo palestino. “Nin 100, nin 1.000, nin un millón de bombas poden matar o noso pobo”, coreaban os mozos

A fin desta ofensiva, porén, non é a fin da ocupación nin a fin do apartheid. Non é a fin da violencia múltiple, diaria, persistente, cotiá que o estado de Israel aplica aos palestinos e que procura esa “limpeza étnica” que denunciara o historiador israelí Ilan Pappé. Unha historia de violencia que nace co propio estado de Israel e que chega até hoxe e na que o que sucedeu nestes 11 días en Gaza apenas é un episodio máis. 

O cesar o fogo da madrugada desta sexta feira é unha boa nova. O cesar da ocupación e o apartheid é a nova necesaria.

Comentarios