Opinión

Feixoo, vontade de servizo público

[Xoán Costa]

Na tarde deste dous de marzo millares de persoas participan no desfile do meco, o enterro da sardiña, ou o de Ravachol, o loro do boticario Perfecto Feixoo. O presidente Feixoo inicia a cuaresma marcando coa cruz da cinza dos votos perdidos a fronte dos presentes; lembra a Sánchez que o seu goberno é pó e en pó se ha de tornar en breve. Atrás queda o antroido;  ao presente trae as máscaras de Aznar, de Raxoi e de Casado. Por diante, unha cuaresma reducida a só trinta días que o vai levar a unha páscua gloriosa. O seu discurso puxo máis o albo nas eleicións xerais que, segundo cre, o han levar a presidir o goberno de España, do que na conquista da presidencia do PP, na que non vai ter rival. Da súa boca escoitamos saír as ideas centrais da cuaresma: reflexión, penitencia, moderación. E tamén a idea de honradez e de servizo público. Será por esa vocación de servizo público que o acto, un acto interno do PP, foi transmitido en directo pola CRTVG, isto é, con fondos públicos. Será.

Comentarios