Opinión

Feixoo, para

[Xesús M. Piñeiro]

'Salvar o Nadal’ como unha especie de ‘Salvar o soldado Ryan’ na que nunha parte da poboación medra a sospeita de que os criterios sanitarios non son precisamente os que máis peso están a ter á hora de tomar decisións por parte de certas Administracións. E todo isto mentres aumentan as voces que dan por feito, após o Nadal, unha nova vaga da pandemia, a terceira, co que o home é o animal que bate 2 veces coa mesma pedra e 3 coa mesma pandemia.

Neste ir e vir de medidas, propostas e contrapropostas volve destacar Núñez Feixoo, que amosa a súa arte nuns pinchacarneiros dialécticos de cuxas consecuencias lle zafa a cómoda rede de seguridade mediática.

Feixoo propuxo que o número de comensais nos encontros natalicios fose de 10 fronte á proposta inicial do Goberno estatal de que fosen 6. Fixa finalmente o Executivo español o número en 10 e retruca o presidente galego cun “10 é un risco moi alto”. Nada pode minguar a súa fame de ser refrente en mallar no Goberno ‘socialcomunista’, nin sequera o ridículo.

Comentarios