Opinión

Feixoo, desbordado

[María Obelleiro]

"Intensificar” as probas diagnósticas. Ten que ter valor Feixoo para reclamar isto na Conferencia de Presidentes que decorreu na tarde de onte no Estado español á vez que se evidenciou, nos últimos días, o fracaso do sistema de PCR gratuítas impulsado pola Xunta da Galiza.

Máis unha vez, o xefe do Executivo galego centra as críticas no Goberno estatal e inhíbese á hora de adoptar medidas para controlar unha sexta onda que avanza desbocada.

Se queres contribuír a atallar a Covid-19, terás que reforzar a Atención Primaria e dotar de persoal e recursos a sanidade pública, e non limitarte a un sistema de diagnóstico colapsado. As farmacias, con problemas de subministro de probas de antíxenos e o Sergas, incapaz de dar resposta debido á falta de persoal e de previsión. Dúas casetas para facer PCR e tres administrativas comprobando os datos da tarxeta sanitaria non son suficientes para toda unha área sanitaria. Seguimos pagando os recortes na sanidade pública. E seguiremos. Cóidense.

Comentarios