Opinión

Feixoo e a batalla de Madrid

[Xoán Costa]

Ayuso acusa Casado de ter trazado un plano cruel para a destruír política e persoalmente. Feixoo entra en xogo pedindo tranquilidade na guerra polo control do PP que, após meses de se librar entre bastidores e dun curto cesar o fogo por mor das eleicións de Castela e León, deriva en conflito aberto e sae á opinión pública escenificada como un drama que parece avanzar polo camiño da traxedia e cuxo desenlace require o sacrificio de Ayuso, de Casado ou de ambos.

A teatralización da vida política en xeral, e desta escena representada en Madrid entre Ayuso e Casado en particular, vai ter repercusións na Galiza. Feixoo non se resigna a ser actor secundario e sabe que el será o principal beneficiado para se facer cargo dos despoxos deste combate, e por máis que neste conflito adopta un papel aparentemente equidistante, é ben visíbel que se mostra máis crítico co proceder de Casado e máis comprensivo coa posición de Ayuso. E non é por diferenzas ideolóxicas con un ou con outra. É porque quere ser actor principal.

Comentarios