Opinión

Explicacións Sr. Feixoo

[Xesús M. Piñeiro} 

A    oposición uniuse para solicitar a convocatoria urxente da Deputa-ción Permanente para que Núñez Feixoo dea a cara polo 'Caso Pemex' e ex-plique a súa relación con Emilio Lozoya. A detención do prófugo ex director de Pe-mex en Marbella acusado de corrupción ten na derivada da compra do estaleiro vigués de Barreras pola petroleira mexi-cana unha complicación para Feixoo.

O presidente galego debería atender a demanda da oposición e comparecer para dar conta dos tratos e relacións do seu Goberno cunha cúpula de Pemex defenestrada pola corrupción. Debería facelo por transparencia e tamén polo propio sentido e dignidade do cargo.

A investigación aberta polo Goberno mexicano estreita o cerco sobre a adqui-sición de Barreras por Pemex e os medios do país azteca que informan dun caso de corrupción que excede os límites de México citan nas informacións nomes como o de Feixoo ou persoas do seu círculo de confianza. Aínda que fose só por disipar sospeitas e dúbidas, Feixoo de-bería de tomar a palabra

Comentarios