Opinión

Espolio eólico

[Xoán Colazo]

Como en tantas outras producións primarias, Galiza conta cunha especial riqueza en canto á enerxía eólica. O pulo inicial dado polos gobernos Fraga estivo cheo de sombras que se resumen en que o capital estranxeiro instalaba parques eólicos onde quería, pasando por riba da natureza e a veciñanza, obtendo enormes lucros que só deixaban no país as consecuencias negativas. 

Cómpre lembrar que o plan nacionalista de 2008 era un xiro copernicano para pór o recurso ao servizo do país: acordos coa propiedade, exclusión de zonas ambientais sensíbeis, participación pública, proxectos industriais asociados,... 

Finiquitado este, entramos nunha terceira fase que ameza hoxe con crucificar toda canto monte fica aínda baleiro, empeorando o modelo primitivo: megaparques con torres de 200 metros de altura por toda a parte, de novo sen respecto polo medio nin a veciñanza, con tramitación escura e en beneficio de multinacionais alleas que só deixarán destrución dende a costa a Trevinca, O Courel ou Os Ancares. Un modelo depredador e insostíbel, ao que xa se demostrou que existen alternativas. 

Precisa Galiza sacrificar todo o seu territorio para beneficio doutros?

Comentarios