Opinión

O espolio ao descuberto

Neste Sermos 166 publicamos un traballo ben documentado do economista Aleixo Vilas que pon ao descuberto o espolio do aforro galego

Neste Sermos 166 publicamos un traballo ben documentado do economista Aleixo Vilas que pon ao descuberto o espolio do aforro galego, o papel que cumpre Galiza na economía española -basicamente unha función colonial- e a necesidade imperiosa de rachar coa dependencia. Admira que sendo este un tema central para entender o funcionamento da economía galega -e, portanto, a capacidade que temos para atender as demandas sociais básicas- apenas ocupe espazo no debate mediático mainstream. Para os medios hexemónicos privados, xa non digamos os públicos, o espolio é unha fraude dos nacionalistas, malia as evidencias empíricas postas ao descuberto no artigo de Aleixo Vilas seren abrumadoras.

Que o aforro galego drene até 13.690 millóns de euros para financiar a economía española é unha mostra palpábel do mal negocio que facemos coa dependencia de Madrid

Que o aforro galego drene até 13.690 millóns de euros para financiar a economía española é unha mostra palpábel do mal negocio que facemos coa dependencia de Madrid. É un enorme lastre para sermos un país desenvolvido e moderno. Resgatar esa riqueza e pola ao servizo dos nosos intereses nacionais é unha tarefa impostergábel. Como non é verosímil que iso se faga desde o sector privado, é inescusábel pór sobre a mesa a necesidade da creación dunha banca pública galega. Estamos a un ano das eleccións galegas. Estes 12 meses son vitais para a nosa sociedade tomar consciencia de que a factura que nos pasa a dependencia se eleva no mínimo a 13.690 millóns de euros. 

Comentarios