Opinión

España, España, España

[María Obelleiro]

Feixoo xa quitou a carauta. Pasado o período electoral, quita a maquillaxe vinculada ao seu lema de campaña, “Galicia, Galicia, Galicia”, e volta a practicar o “España, España, España”. Máis preocupado do que acontece en Madrid que de gobernar a Galiza, o presidente da Xunta insistiu en facerlle oposición a Pedro Sánchez e desbotou a capacidade do Goberno galego para decretar o estado de alarma. Xustificouno alegando que “somos unha nación [pola española] especialmente castigada” e que non ve “lóxico” que haxa “17 respostas diferentes” á pandemia.

Pouco despois de apuntar isto, puxo de manifesto que a situación epidemiolóxica da Galiza é “menos mala” que no conxunto do Estado. Si, todo isto nunha mesma rolda de prensa, na que informou que enviará ao Executivo de Sánchez, vía PP, unha proposta de lei orgánica de saúde.

En lugar de velar polos intereses da Galiza e de exercer as competencias das que dispón como presidente da Xunta, Feixoo teima en pór o traxe de xefe da oposición no Congreso dos Deputados. Agora nin se corta.

Comentarios