Opinión

Era visto!

Non nos colleu por sorpresa que Feixoo anunciase publicamente o que xa viñamos advertindo desde había semanas: as eleccións galegas en xullo. Tampouco que o fixese a través da CRTVG á vez que o conselleiro de Cultura comparecía perante a Deputación Permanente. Con discursos mitineiros e populistas, o presidente da Xunta leva intervindo na CRTVG unha media de tres veces á semana, mentres que á sede parlamentar só se deslocou dúas veces nos últimos dous meses -non fose ser que a oposición fiscalizase o seu papel fronte á crise sanitaria, económica e social máis grave dos últimos tempos-.

Feixoo e os seus conselleiros levan días afanándose en transmitir á opinión pública unha sensación de normalidade, a pesar dos máis de 2.000 casos activos de coronavirus, segundo os datos oficiais, malia que os expertos apuntan nos informes encargados pola Xunta que a chegada de turistas vai implicar rebrotes na enfermidade e malia que é descoñecido o alcance das consecuencias que terá o desconfinamento a respecto de novos contaxios.

Comentarios