venres 21/01/22

Eonaviego?

[Xoán Costa]

En poucos lugares do mundo as fronteiras político-administrativas coinciden coas fronteiras lingüísticas. Na Galiza tampouco. O galego excede en moito os 29.575 km2 que xestiona a Xunta da Galiza e esténdese por Asturias, Castela e León e Estremadura. Sen esquecer que o galego se estende por Portugal e toda a comunidade de países de lingua portuguesa.

A lingua supera, en millares de quilómetros, as fronteiras da Galiza e en cada territorio hai diferentes percepcións do que é un mesmo sistema lingüístico. Visto do ponto de vista da lingüística, o "eonaviegio" é o galego falado nesas terras do Eo e do Navia. Mais cando o presidente de Asturias reacciona contra a proposta da RAG de o galego ser tamén oficial en Asturias, faino da mesma óptica que levou a que o catalán de Valencia se chame valenciano ou o occitano do val de Arán se chame Aranés. Isto é, aplícase un criterio xeográfico en vez dun lingüístico. Que a RAG se pronuncie é meritorio; que a Xunta, co presidente á fronte, cale, pois ... é o normal cando de defender o galego se trata.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Eonaviego?
comentarios