Opinión

En Galego? Ca!

[Xoán Costa]

Ben sei que as historias persoais  non caben neste editorial, mais permitan unha. O pasado día 27 asistín, en san Martiño Pinario, a un concerto de Amancio Prada. A actuación de Prada tivo unha  primeira parte centrada en Rosalía  e unha segunda noutras autoras musicadas polo berciano. Mais non é do concerto, magnífico, do que cómpre falar. É do preconcerto. As 21 horas a megafonía indica que non se poden facer fotos nen gravar videos durante a actuación; que apaguemos os telefones para non molestar e que non esquezamos reacendelos cando o concerto, organizado pola Consellaría de Cultura -e supoño eu que pagado– finalice. Todo en español. O público agarda escoitar en galego, como é habitual, a mesma alocución. Mais non, non houbo tal. Comeza o concerto. Prada, impecábel na elección de idioma á hora de interactuar co público nesta primeira parte rosaliana, prioriza o galego na súa comunicación. Na primeira liña do concerto representantes ben ilustres da Xunta e do Xacobeo deberon pensar: en Galego? Ca!

Comentarios