Opinión

Elas, pensionistas

Apensións galegas son as segundas máis baixas do Estado. Así o determinan os últimos datos, que tamén reflicten que, ao igual que acontece coas traballadoras en activo, son elas, as pensionistas, as máis prexudicadas. E é que a pensión media dun galego é perto de 300 euros maior que a pensión media dunha galega. De feito, son mulleres máis do 60% das persoas que cobran as pensións máis baixas. A situación empeora se temos en conta que os recursos de atención á dependencia son cativos e non cobren as necesidades das pensionistas, que son as que se ocupan da meirande parte das tarefas dos coidados.

Tendo en conta que máis da metade das e dos pensionistas cobran por baixo dos 706 euros na Galiza, faise imprescindíbel as derrogacións das reformas das pensións de 2011 e 2013 e camiñar cara a un modelo que, en vez de promover os plans privados, fomente o sistema público, que é perfectamente sostíbel. Só é necesaria vontade política para impulsar as pensións públicas, a comezar por promover a creación de emprego estábel e en condicións dignas. Para hoxe e para mañá

Comentarios