Opinión

Elas, as mulleres

[María Obelleiro]

A fenda salarial está, máis unha vez, de actualidade. Nesta ocasión é o Instituto de Estatística, a través da Enquisa de Estrutura Salarial, quen pon de manifesto a diferenza de soldos que se produce entre homes e mulleres. Na Galiza e en 2018, ano que debulla este estudo, elas cobraron uns 5.200 euros menos que eles, isto equivalería, en proporción, a que as mulleres traballasen sen cobrar uns dous meses e medio.

As diferenzas permanentes nas retribucións entre homes e mulleres evidencian un mercado laboral onde continúan as discriminacións por razóns de xénero. Mais non só se trata da fenda salarial. Tamén vemos como as mulleres sofren unha maior precariedade, con empregos inestábeis e contratos temporais e a xornada parcial, algo que ten a ver co rol de coidadoras e coas duplas e triplas xornadas laborais que teñen que afrontar nos fogares sen percibir nin un só euro a cambio. Até que a loita pola igualdade sexa unha prioridade dos distintos Gobernos, seguiremos denunciando esta inxustiza.

Comentarios