Opinión

Editorial: Sogama, vinte anos

[Xoán Costa] 

Sogama fai vinte anos. Vinte anos funcionando sobre un proxecto publicado no DOG en 1992 e que basea a xestión dos residuos sólidos urbanos (RSU) na incineración. Nas celebracións deste aniversario escoitamos a Conselleira do Medio Ambiente gabarse do número de Concellos aderidos ao plan, perto dos 300, dos millóns de toneladas tratados e dos 2.242.139 habitantes incorporados ao modelo.

Ao tempo, os responsábeis da xestión da empresa fan fincapé na validez do modelo mixto público-privado pois a Sociedade está participada no 51% pola Administración Autonómica e no 49% por Naturgy Renovables, o Socio Tecnolóxico. Mais as cifras non poden ocultar o fracaso do sistema por máis que o modelo estexa fortemente implantado en Alemaña ou Dinamarca.

As directrices europeas van no camiño da economía circular e de reciclar o 65% dos resíduos urbanos en 2030, primando a compostaxe fronte á incineración. Sogama, e o modelo de xestión dos RSU que promove, non parece o bo camiño que proclama o xacobeo para Galiza.

Comentarios