luns 06.07.2020

Editorial: Goberno cómplice

Pór o raposo a coidar das galiñas. Algo disto podería existir detrás da marca "Minaría Sostíbel", aquela impulsada pola Cámara Mineira Galega, que actúa de grupo de presión das empresas mineiras. Un lobby que, coa chegada de Alberto Núñez Feixoo á Xunta de Galiza, gañou peso na Administración galega e que recibe diñeiro do Goberno para facer campañas de publicidade en plena vaga de protestas contra a mina de Touro-O Pino, que ocuparía un total de 122 quilómetros cadrados nunha zona con explotacións agrícolas e gandeiras.

Entre outras actuacións, con diñeiro da Xunta creáronse unidades didácticas sobre minaría para crianzas onde non se daba conta da contaminación e destrución da paisaxe que provocan proxectos como o previsto en Touro. Non estraña, neste contexto, que a Cámara Mineira Galega recorrese ao director xeral de Minas, inmerso nun proceso xudicial por supostas irregularidades detectadas pola Fiscalía na reapertura do xacemento de volframio de San Finx, en Lousame, para clausurar unha xornada sobre minaría sustentábel.

comentarios