Opinión

Editorial: Ela

[Xesús M. Piñeiro] 

Cada 24 de febreiro sucede, desde hai anos, algo extraordinario: escolas, institutos, asociacións culturais, persoas a título individual, escritoras e escritores, institucións, celebran unha poeta, Rosalía de Castro. Nun fenómeno crecente,  o Día de Rosalía conmemora cada aniversario da autora fundacional da literatura galega. Este ano é o 183 e actos de todo tipo sucédense polas diferentes comarcas do país.

É unha celebración nacional, unha celebración social, na que Rosalía demostra estar viva para miles de galegos e galegas, que a través de diferentes actos e iniciativas expresan a súa relación cunha poeta que supuxo un antes e un despois non só na historia da literatura e lingua galega senón da historia da Galiza. Poucos nomes poden dicir tal.

Hai mil formas de sentir Rosalía e cen mil de achegarse a ela, como demostran os actos e actividades destes días. Mais todas conflúen nun mesmo recoñecemento: o da muller que como ninguén soubo encarnar a voz dun pobo e dun país.

Comentarios