Opinión

É política

[Xesús M. Piñeiro]

Un estudo do colectivo de debate enerxético Bidán recolle que Galiza pagou a electricidade máis cara do Estado nas anualidades de 2019 e 2020. “Galiza pagou durante este tempo a electricidade máis cara do Estado, 38 millóns de euros en total a pagar entre os 2,7 millóns de habitantes, mentres que na Comunidade de Madrid foi de 2,4 millóns a pagar entre 6,7 millóns de habitantes”, concretan
Unha situación que deriva da propia lexislación do sector eléctrico, e que a través dos su-plementos territoriais acaba, sinala o colectivo, beneficiando os territorios consumidores mais non produtores.

Madrid é deficitaria en enerxía eléctrica en 95%. Galiza exporta máis do 30% do que produce. A práctica totalidade das eléctricas que operan aquí teñen a súa sede social fóra, nomeadamente na capital do Estado. Non son datos que deban sorprender pola súa novidade mais deberían seguir a sorprender polo que significan e implican.

“O que pagamos pola luz é unha cuestión política envolta en termos técnicos”, afirmara hai un tempo Fernando Branco, secretario de Enerxía da CIG, apuntando a que máis do 50% do recibo “depende do BOE”. Claro como a auga.

Comentarios