Opinión

E os koalas?

[María Obelleiro]

"Veciños da comarca de Ordes alertan da existencia de koalas” difundíase a cada segundo en 2016. O que era unha campaña contra o monocultivo do eucalipto convertérase en todo un fenómeno nas redes e, obviamente, nunha máis das noticias falsas. Koalas na Galiza non hai, mais eucaliptos, de sobra. Os datos que expoñemos na información de apertura reflicten a magnitude dunha situación anómala que coloca á Galiza á cabeza de canta estatística hai. Das 131.000 hectáreas plantadas en 1973, en 2012 -último ano do que se teñen datos- aproximá-banse xa ás 500.000. Unha cifra que se prevé superior de atendermos o efecto chamada que espertou a moratoria na plantación dunha especie que consome antes que calquera outra as reservas hídricas.

A política forestal actual evidénciase negativa tanto para a multifuncionalidade do monte co-mo para a conservación da biodiversidade. Cumpriría planificar a substitución desta especie, de carácter invasor, por árbores autóctonas e cultivos agrarios -aos que a Galiza dedica tan só un 3,9% da súa superficie- que se demostran rendíbeis e con potencial comercial. Alén de recuperar a calidade da terra e da paisaxe, contribuiría a alimentar un modelo produtivo con beneficiosas consecuencias para o rural.

Comentarios