Opinión

E a culpa é de...?

[María Obelleiro]

Até 23 titulares de medios de comunicación leu onte a líder da oposición na sesión plenaria do Parlamento para retratar a estratexia de Feixoo á hora de inhibirse de actuar como presidente da Xunta da Galiza. Deducimos que escolleu 23 debido aos dous minutos dos que dispuña, pois exemplos hai bastantes máis. O líder do PP é experto en pór a pelota en tellados alleos e en culpar os demais do que el non fai (ou do que fai de maneira incorrecta e prexudicial para a Galiza).

Seguirá a responsabilizar de todos os males o bipartito e o Goberno de PSOE e Unidas Podemos, tamén a cidadanía, as empresas, a Catalunya... Estamos diante dun presidente falto de autocrítica e de humildade, que non adopta decisións para atallar os principais problemas que sofren as galegas e galegos. Mais non é nada novo. É marca da casa. Lembremos que desde que accedeu á Xunta en 2009, non solicitou nin a primeira transferencia de competencias para a Galiza. Mais a culpa de que non movera un dedo para reclamar o que recolle o Estatuto será tamén do resto.

Comentarios