Opinión

E a culpa de quen é?

Unha das principais vías de escape do presidente Feixoo é considerar daniñas para Galiza medidas políticas aplicadas agora polo goberno PSOE mais que foron ideadas polos gobernos do PP en España e por el propio consideradas, daquela, positivas. Como se a simples mudanza de siglas na Moncloa outorgase carta de bondade ou maldade a unha ou outra norma ou proceso administrativo. Incapaz de resolver esa dicotomía, o señor Feixoo atribúe agora ao Estado a demora na tramitación das validacións universitarias para os ciclos superiores de Formación profesional, obrigando o alumnado a cursar módulos para os que xa está formado ou a culpa da temporalidade na sanidade.

Lonxe de min retirar responsabilidades ao Estado ou ás forzas políticas que forman o goberno, mais é evidente que o Presidente Feixoo nos derradeiros dez anos non sentiu necesidade de asumir nengunha nova transferencia que fixese posíbel a mellora dos servizos na Galiza. E falamos só de servizos. En dereitos cidadáns a situación é aínda pior.

Comentarios