Opinión

Deus non estaba censado en Salobreña

[Xoán Costa]

Son filla de Deus, non coñezo os seus designios. Palabra de Vox –na voz de Macarena Olona- para focar a súa situación persoal após as eleicións andaluzas.

A mediación, a arbitraxe e mesmo a intervención directa dos deuses –ou dalgún dos seus mensaxeiros- nos asuntos humanos foi algo habitual no decorrer do tempo, case sempre en beneficio dos propios deuses ou dalgúns poucos gobernantes que accederon ao cargo "pola graza de Deus" e por iso colocaron en lugar ben visíbel de moedas e billetes esa condición. Pouca confianza no pai parece ter a señora Olona, ou mellor, non parece ter moito trato con el –seguramente Deus non está censado en Salobreña– cando non lle pregunta directamente que vai ser do seu futuro, ela, agora pobre filla abandonada.

Claro que se lle chega a preguntar seguramente Deus utilizaría Curros como anxo anunciador e a resposta chegaría nesa lingua que fere os tímpanos de moitos fieis a Vox, e non só: Se eu fixen tal mundo que o demo me leve.

Comentarios