martes 07.04.2020

(Des)Gobernos

[María Obelleiro]

Cada vez son máis as sanitarias e sanitarios que publicamente denuncian a falta de material de protección para atender doentes nos centros de saúde e nos hospitais. É un feito que non hai máscaras suficientes, nin equipos de protección individual. Tanto é así que a xerencia da área sanitaria de Ourense emitía a pasada semana unha circular para restrinxir o uso das máscaras debido á "situación de limitación de existencias e de non dispoñibilidade das máscaras no mercado".

O foco, como é lóxico debido á centralización que impera nas medidas adoptadas, situouse no Goberno español até que Feixoo declarou publicamente que o Sergas gardaba medio millón de máscaras. Como pode ser que as teña almacenadas cando centros de saúde e hospitais teñen as máscaras contadas? Como explica o presidente da Xunta que estea este material parado coas denuncias que hai sobre a falta de medios e recursos? A correcta xestión debe estar sempre por riba dos réditos electorais

(Des)Gobernos
comentarios