Opinión

Debates e ausencias

[Alberte Mera]

A CRTVG volveuno facer e emitiu onte ás 10 da mañá o primeiro dos debates electorais con motivo dos comicios municipais do 28 de maio. Por que outra vez escolleu esa faixa horario de baixa audiencia? Por que escapar do prime time? Non sería o normal emitir os debates a unha hora de máxima audiencia para que a poboación coñeza as propostas e programas das formacións políticas de quen será o seu vindeiro alcalde ou alcaldesa.

Pese ás críticas dos grupos políticos da oposición polo empeño de os debates seren emitidos en horario de mañá, non houbo marcha atrás, e onte ás 10 saíu o encontro en que se puido ver alcaldábeis da cidade de Vigo debater e contratar ideas. Todas? Non.

Se ao gosto da CRTVG e do Goberno galego por emitir en faixas de baixa audiencia onte sucedeu o hábito tan feo e antidemocrático de un candidato plantar o debate e, para máis gloria, trátase do alcalde da cidade de Vigo, presidente da Federación Española de Municipios e Provincias e a quen o barómetro do CIS lle outorga unha nova maioría absoluta. Nin o confort das enquisas nin as maiorías deben servir para plantar un debate. Pode pensar o rexedor que os rivais non son da súa talla, mais e a cidadanía?

Esperemos, a pesar do mal horario imposto na CRTVG, poder ver o resto de candidatas e candidatos debater e contrapor ideas, por democracia e por respto á veciñanza. 

Comentarios