Opinión

A nación galega, a debate

[Xesús M. Piñeiro]

Primeiro debate do estado da nación da lexislatura e un debate nunhas circunstancias excepcionais marcadas por meses de pandemia, profundas transformacións e unha grave crise. Un debate para facer diagnose da situación da Galiza e abordar que Galiza vai saír desta situación e como.

Mais o discurso do presidente da Xunta desta cuarta feira foi coma os que pronunciou noutros debates de estado da nación. Como se non estivésemos en 2021 e nun contexto económico e social extraordinario. Feixoo quixo que o debate transcorrese polos camiños que máis lle prestan: anuncios de ocasión para figurar nos titulares xornalísticos e discurso para insistir que Galiza sen el estaría moito peor. 

Pola súa banda, BNG e PSdeG coincidiron en sinalar que a Galiza real non é a que describiu o discurso de Feixoo. O nacionalismo incidiu, ademais, en denunciar que o Goberno do PP non é quen de aproveitar as grandes potencialidades da Galiza, non só para saír desta crise senón para transitar cara outro modelo de país. “Pensa en pequeno”, reprochoulle Ana Pontón. Algo que leva condicionando Galiza desde 2009.

Comentarios