venres 14/08/20

Deámoslle tempo á RAG

[Xoán Costa] 

Coa de hoxe chegamos á derradeira entrega do coleccionábel Carvalho Calero 2021 que veu aparecendo nas páxinas deste diario durante os meses de xuño e xullo. Foron toda unha serie de textos, xornalisticamente nativos uns, procedentes de conferencias, artigos de revista ou comunicacións a congresos, outros, agora adaptados á maqueta propia dun xornal e parcelados en entregas diarias. Todos os textos reflicten o interese de Carvalho non só polos problemas da nosa lingua e literatura mais tamén por todo aquilo que ten a ver con Galiza. A obra de Carvalho é ampla e hoxe pouco accesíbel.  O papel divulgador que ten o Día das Letras ficou este ano moi minguado para a difusión dela. E esta foi unha das nosas motivacións ao abordar a publicación destas páxinas  ao tempo mostrar a necesidade de, xustamente polas limitacións mencionadas, prorrogar a 2021 o ano Carvalho Calero. Nesa decisión só é competente a Academia que, segundo publicou este medio, aínda non sente maioritariamente esa necesidade. Deámoslle tempo

comentarios