Opinión

De Meirás a Tui

[Xoán Costa]

Dúas novas, sen, aparentemente, máis relación que a cronolóxica, unha no norte e outra no sur da Galiza, encheron onte os informativos e os dixitais.

No norte, en sentenza de case 400 páxinas, o xulgado de primeira instancia número un da Coruña estima a demanda para a devolución do Pazo de Meirás e declara o Estado propietario do inmóbel. Sentenza recorríbel mais, en todo o caso, primeiro e necesario elo dunha cadea que dá conta do ilicitamente atesourado por Franco á sombra da súa auto-proclamación como xefe do Estado.

E mentres isto acontecía na Coruña, Felipe VI, actual xefe do Estado en virtude da designación que Franco efectuou no seu pai, agora confortabelmente estabelecido á sombra doutra ditadura, repartía saúdos militares na Comandancia de Tui aplaudido polas monxas da residencia San Telmo e contestado por un numeroso grupo de persoas. Razón non lles falta á vista do que veu facer o rei a Tui: asinar no libro de honra e dar un paseo en barco polo Miño. Así de duro é o traballo dun rei.

Comentarios