Opinión

Da Chafallada á desfeita

[Xesús M. Piñeiro] 

A condena do TSXG á Xunta por "vulnerar" os dereitos do deputado Antón Sánchez – e con el, da cidadanía que representa – ao non  fornecerlle de información sobre a fusión das caixas é, polo de agora, o último e vergoñento capítulo na historia do esfarelamento do sistema financeiro galego.

A responsabilidade da Xunta na desfeita das caixas galegas foi evidente. Os diferentes Gobernos incumpriron o labor de fiscalización das mesmas fixadas pola lexislación galega e renunciaron a exercer a tutela pública sobre os seus equipos directivos, permitindo as prácticas de Méndez e Gayoso, auténticos amos do país durante anos, coa conivencia das responsábeis institucionais.

A negativa do Goberno galego a activar o funcionamento da comisión parlamentar de investigación das caixas, constituída en 2012, respondeu á vontade de exculpar o Goberno de Núñez Feixoo e protexer os altos mandos das entidades. Unha chafallada

A resultante Novacaixagalicia Banco vendeuse por mil millóns de euros (após inxectar 9.000 millóns de cartos públicos para saneala). O seu novo propietario, Escotet, obtivo desde entón beneficios por case 3.500 millóns.

Comentarios