Opinión

A cuestión non é quen reina

[Xoán Costa]

Podemos ler, e escoitar, nestes días como os mesmos mass media que se encargaron de elevar aos altares da democracia e da responsabilidade o hoxe rei emérito, entran agora na fase de defenestración da súa figura e de condena das súas actuacións, baseándose en antecedentes familiares que, como se fose unha doenza de transmisión xenética, xustificarían, ou polo menos poderían aclarar, esas tendencias de Borbón mullereiro e comisionista internacional.

Mesmo, nesa idea de condutas hereditarias, chega a afirmarse que hai puntos de concorrencia en toda a saga borbónica, como a negación ou a traizón ao pai, que son observables xa no actual monarca.

Mais non nos enganemos. Eses sectores que agora tanto censuran aquelas actitudes, de que tanto proveito tiraron, só procuran a aceptación social dunha institución baseada nos privilexios e, neste caso, ademais, ilexítima por canto foi restituída por un réxime centrado no terror e cuxos principios fundamentais o emérito acatou e xurou. A cuestión non é quen reina senón cal é a forma do Estado e mesmo que tipo de Estado.

Comentarios