Opinión

Crisis? What crisis?

[Xoán Costa]

Permitan que tome prestada a expresión que encabeza este editorial do albume de Supertramp publicado en 1975 co mesmo título. Quen lembre, recordará unha portada cun indivíduo tomando o sol, os pés sobre unha alfombra, un aparello de radio no chan, un tornasol e unha mesa sobre a que repousa unha bebida fresca e algúns xornais. De fondo unha paisaxe industrial ruinosa.

Pasaron case cincuenta anos desa composición, mais a imaxe pode servir para o momento actual en que a inflación chega a cotas de case un 11% mentres constatamos que a acumulación de riqueza nas mans duns poucos continúa. No Estado español o 10% máis rico acumula xa perto dos dous terzos dos bens. O sector bancario é especialmente favorecido mais ameaza con acudir aos tribunais argumentando que as medidas económicas do goberno van favorecer a destrución de postos de traballo. Para eles a portada de Supertramp segue tan vixente como en 1975 e a diario perguntan: Crise? Que crise?

Comentarios