Opinión

Corpo e alma

[Xesús M. Piñeiro] 

A Xunta da Galiza destinou máis de 2,5 millóns nos tres últimos exercicios contábeis a sufragar os gastos da contratación de cape-láns de hospital na sanidade galega. A Consellaría de Sanidade ten nos seus orzamentos para 2022 consignados 738.500 euros para esta fin, pagar persoal relixioso.

Lembremos que o pasado 26 de maio, o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza ditaba unha sentenza na que os maxistrados advertían de que a "actividade pastoral" que realizan os sacerdotes é "allea total-mente ao servizo galego de saúde" e non consideraba os relixiosos perso-al laboral do Sergas.

Porén, o Goberno de Núñez Feixoo tira igualmente para adiante, alleo á xustiza terreal e confiando, quizás, en que entrará pola porta grande no reino dos ceos. Se o Gobernob galego paga os capeláns dos hpspitais.. de-bería a igrexa pagar os anestesistas? Ou os celadores? AS enfermeiras?

Vivimos nun país onde os responsábeis da sanidade pública están máis preocupados pola nosa alma que polos nosos corpos. 

nos colla confesados.

Comentarios