luns 30/11/20

Con contaxios, sen plan

Os casos de coronavirus en escolas infantís e centros de ensino non universitario na Galiza camiñan cara aos mil. Nestes últimos días o incremento foi considerábel (un terzo máis nunha semana), situándose onte en 914. Hai medio cento de centros con algún positivo, e 56 aulas e 2 centros pechados.

As preguntas e dúbidas sobre a xestión desta pandemia non paran de aumentar: mentres nalgúns centros mandan todos os alumnos da aula onde hai un caso para casa, noutras só aos que se sentan máis cerca do estudante afectado. E o mesmo pasa á hora de realizar os PCR.

O Goberno de Feixoo optou desde un primeiro momento por 'pórse de perfil" e intentar eludir responsabilidades á hora de afrontar a pandemia no ensino: quer botado responsabilidades cara afóra (para o Estado) ou cara adentro (nos centros de ensino).

Mes e medio despois do inicio do curso, os contaxios están aquí. Poucos en relacións ao total do corpo docente e alumnado. Mais aumentando. O que continúa sen estar é unha Consellaría de Ensino que estea á altura da responsabilidade que esta situación formula.

comentarios