Opinión

O confinamento máis solitario

[Xesús M. Piñeiro]

Galiza terá en 2035 perto de 250.000 persoas que vivirán soas, unhas 10.000 máis que agora. A Covid-19 atopa na Galiza unha poboación avellentada e se ben a dispersión poboacional pode ser unha 'defensa' fronte a un virus que gosta das masificacións para estenderse, os recortes e precarización en servizos públicos como a sanidade ou a dependencia minguan a capacidade de batalla contra o coronavirus.

Na Galiza hai, segundo datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) correspondentes ao exercicio 2018, máis de 129.000 persoas maiores de 65 anos que viven soas. Persoas de máis de 65 anos que deben soportar en soidade o illamento e afastamento de coñecidos e seres queridos. Na súa maioría son mulleres, 93.000, o que representa 76% do total. O 28% restante (36.000) son homes.

Chegan datas como as destas festas de Nadal, tan marcadas no calendario como de encontro de familias, e a soidade para moitas destas persoas acentúase, máis aínda nestes tempos de feches perimetrais e distancias de seguridade.  É bo ter esta realidade presente.

Comentarios