Opinión

Compromiso co ensino

[Xoán Costa]

Nesta pasada quinta feira día 8 comezou o curso escolar. Un curso marcado polas reducións de profesorado e polas improvisacións na posta en marcha. Tamén é verdade que isto non é novo, que caracterizou o período Feixoo e se prolonga con Rueda. Mais algo hai de novo. Se seguimos as redes sociais podemos ver como un numero importante de profesoras e profesores utilizan o Nós Diario no seu primeiro día de aulas como ferramenta de traballo. É isto algo que nos obriga a reafirmar o noso compromiso co sistema educativo galego. Nós Diario non pretende – nen nos compete – ofrecer aos docentes materiais para desenvolver as súas aulas. Iso é competencia e responsabilidade de profesoras e profesores que saben ben como facer. Mais non renunciamos a pór á disposición do profesorado información suficiente e contrastada para sermos a base de aprendizado da xeografía, da historia, da lingua e a literatura ou do pensamento lóxico. E aí nos terá sempre quen nos necesite porque esa é a nosa razón de ser, sermos un medio de intereses galegos.

Comentarios