Opinión

Compostelas

[Xoán Costa]

Quen nestes días se achegar a Compostela poderá comprobar o impacto da chegada en masa de romeiros. Como ben informou este diario, a cidade está, literalmente, tomada por millares de persoas, algunhas sen dúbida movidas por irrenunciábeis crenzas relixiosas; outras polo desexo de coñecer unha cidade de pasado espledoroso hoxe intencionalmente agochado; outras moitas turistas, sen máis. E logo están aquelas, bastantes, que entran en Compostela como modernos cruzados de ideoloxías ben pouco acaídas co Santiago peregrino e a tradición xacobea, envoltos en cantos e bandeiras.

Mais, se estas imaxes son de por si exemplo dun modelo turístico pouco respeitoso coa xente e coa terra, que dicer cando vemos cabalos "aparcados", coas correspondentes feces, á porta de edificios de alto valor artístico e arquitetónico, como a Igrexa de Salomé? Compostela é cada vez máis unha cidade inhabitábel onde o único que parece importar a Xunta, Concello e Cabildo é o número de "Compostelas" seladas.

Comentarios