Opinión

Comportamento errático

[Xoán Costa]

A Psicoloxía considera a desorientación e as condutas inesperadas unha manifestación de trastornos habitualmente asociados ao "comportamento errático", síntomas que poden derivar en condutas antisociais e de risco.Desorientación e conduta inesperada é o comportamento da Xunta de Galiza, especialmente naquelas áreas que teñen máis contido social como a Consellaría de Educación, que enfronta o sistema educativo galego a un final de curso que, de seguir as pautas que se nos anuncian, vai criar unha profunda fenda social, e non só de forma individual por non poder atender como corresponde as diversas necesidades de cada escolar, mais sobre todo porque tramos completos do sistema non poden recibir atención a distancia. Pensou a conselleira como "teletraballar" por exemplo na etapa 3-6 anos? Conduta inesperada é anunciar oposicións para xuño sabendo que non se van poder celebrar. O comportamento errático ten cura. A conselleira debería pedir axuda á Psicoloxía, que conta con excelentes profesionais nos centros de ensino

Comentarios