Opinión

Comarcas

[Xoán Costa] 

A COVID-19, co seu mando único, puxo en evidencia a pouca confianza que o Estado ten na súa propia organización territorial, ao ignorar a existencia das comunidades autónomas e estabelecer a provincia como unidade de control de mobilidade fronte a outras posibilidades como as comarcas, na Galiza tan artificialmente delimitadas como as propias provincias, por decreto 65/1997 da Xunta que estabelece 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. Como se pode ver, nese mapa non se supera a división provincial por partir do Concello, outra entidade igual de artificial, como unidade básica da comarca. Segundo o mencionado decreto, as comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal mais carecen de funcións administrativas. Isto é, non serven para nada. Nen sequer teñen cabida no debate electoral, pois non se poden ofrecer solucións para entidades que non teñen ningunha función atribuída.

Comentarios