Opinión

Coa venda nos ollos

[Alberte Mera]

Negar os problemas non axuda a resolvelos nin moito menos pór unha venda no ollos para facer como se non existisen. Reducir o colapso que vive a sanidade nos últimos anos e maiormente desde o impacto da pandemia é negar a sobrecarga laboral das e dos profesionais sanitarios cuxas protestas se están a agudizar nos últimos meses ante unha realidade que non mellora. Non é correcto, señor conselleiro de Sanidade, reducir a situación crítica da sanidade pública a problemas puntuais. Precísanse medidas estruturais e unha dotación orzamentaria á altura dun país que se preocupe polos coidados e o benestar da súa cidadanía.

Eis a base dun servizo público e de calidade: a dotación orzamentaria. Porén, mentres este ano a Xunta da Galiza recortou o orzamento á Atención Primaria, cos cartos públicos pagouse a empresas privadas que xestionan residencia privadas mais tamén públicas -da Xunta da Galiza- mais que a Administración galega prefire que sexa unha empresa quen leve a xestión. Suculento negocio para estas corporacións, moitas delas pertencentes a fondos voitres, que este ano cobraron da Xunta en pagamentos por concertos e concesións uns 100 millóns de euros.

Comentarios